jueves, 24 de enero de 2013

Cando tiñamos a vosa idade: Crisanto e os clásicos xuvenís



Crisanto Poveda ,  profesor de ciencias sociais. Comentario de mi libro preferido.
En mi caso no voy a escoger un libro concreto, sino que me voy a decidir  por una colección de libros que se llamaba “Historias selección” de la editorial Bruguera. A vuestra edad era un placer leer los libros de esta colección que combinaba el texto literario con páginas ilustradas similares a los comics que aunque  en blanco y negro los hacían muy amenos y atractivos.
Los primeros libros de la colección aparecieron en los años 1966 y 1967,continuaron en los años setenta y en la década de los ochenta se vuelven a reeditar algunas colecciones de éxito con un nuevo diseño. Las colecciones eran muy variadas, como ejemplo estaban libros que se agrupaban como :  Clásicos juveniles, Grandes aventuras, Mujercitas, Julio Verne,  Historia y biografías, Emilio Salgari, etc.
Yo recuerdo que me gustaban mucho las novelas históricas o de aventuras como: Ivanhoe, La vuelta al mundo en ochenta días, Robinson Crusoe, El último mohicano, Miguel  Strogoff y  otras obras que creo que  se  publicaban cada quince días o cada mes.
Hoy día estos libros siguen teniendo mucho éxito entre coleccionistas y si entráis en internet veréis que todavía se cotizan con gran interés, así que si alguno de vosotros tiene algún ejemplar de esta colección en el desván o en la librería de casa que lo conserve por su valor literario, sentimental o económico.
Un saludo a todos los amigos de Sansaliber.

lunes, 14 de enero de 2013

Cando tiñamos a vosa idade: Charo e a Illa dos arroaces azuis

A illa dos arroaces azuis e ...
Un libro que me impresionase cando tiña a vosa idade... Xa está, xa o teño: cando tiña catorce ou quince anos lembro a conmoción que me causou ler Réquiem por un campesino español de Ramón J. Sender e o apaixonamento pola obra do autor que se iniciou daquela e que xa nunca me abandonou. Pero... dous anos antes ficara absorta na lectura de Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas, a primeira novela que lin en galego, e dende entón volvo unha e outra vez a reler a historia de Balbino, cuxo comezo quedou gravado no meu cerebro: “Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre.” Aos quince anos tamén me cativaron Crónica de una muerte anunciada de García Márquez e Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro... Como elixir? O asunto empezaba a ser difícil.
Andaba dándolle voltas á cabeza, pensando en que libro escoller cando atopei un parágrafo revelador no último libro de Agustín Fernández Paz, O rastro que deixamos. Conta Agustín: “Durante estes cursos, eu daba clases en Mugardos e promovía de xeito moi activo a lectura entre o meu alumnado, unha práctica que tamén me obrigaba a min a ler e seleccionar os bos libros infantís e xuvenís que se publicaban naqueles anos. A través dos comentarios dalgunhas nenas, fíxoseme máis evidente o que xa sabía: os libros que tivesen rapazas ou mulleres como protagonistas case se podían contar cos dedos dunha man; e o panorama aínda era máis ermo se se trataba de buscar un libro de aventuras (con algunhas excepcións, como a magnífica A illa dos arroaces azuis, de Scott O'Dell). Visto desde hoxe pode parecernos insólito, mais daquela non había outra cousa que lles ofrecer.”
E, coma por arte de maxia, lembrei os momentos felices do verán dos meus doce anos lendo esta novela de Scott O'Dell, baseada en feitos reais, na súa versión en castelán. Unha novela na que se narra coma a tranquila vida dos indíxenas que habitan “A illa dos arroaces azuis” se ve interrompida, alá polo ano 1835, por mor dunha incursión de cazadores de lontras. Un tempo despois o xefe do clan decide abandonar a illa e cando os habitantes desta están a bordo do barco que os levará lonxe, Karana, a protagonista, decátase de que o seu irmán Ramo quedara só en terra e decide regresar. Ramo, atacado por unha manda de cans, salvaxes, falece e Karana ten que enfrontar unha vida en soidade durante moitos anos.
A historia desta “Robinson Crusoe” feminina, da súa tenacidade e valentía, do seu amor á natureza e do seu espírito de superación conmoveume profundamente cando tiña a idade dos membros do meu grupo do club de lectura. Ademais, dáse a coincidencia de que no noso grupo estamos lendo unha novela protagonizada por unha rapaza e escrita por Agustín Fernández Paz: Trece anos de Branca.
Así que, xa só me queda darlle as grazas a Agustín polo seu último libro (e por todos) que me trouxo á memoria os felices días do verán dos meus doce anos cando lía a novela pola que ao final me decidín. Unha novela que comezaba así: “Recuerdo el día que vino el barco aleutiano a nuestra isla. Al principio parecía una concha cualquiera flotando sobre el mar”.

jueves, 20 de diciembre de 2012

Primeira "merendola" do club de lectura

Onte celebramos a reunión trimestral do club de lectura SANSA LIBER; como podedes apreciar polas caras de felicidade dos rapaces todo transcrreu de forma moi agradable, falamos, merendamos e pasamos un rato moi estupendo.
Aínda que non puidemos falar moito de libros... iso deixámolo para os pequenos grupos, que se reunen periodicamente. Esta vez o que queriamos era celebrar que todos disfrutamos co mesmo; ler. Ademais como iamos falar moito se case todo o tempo ¡¡tiñamos a boca chea¡¡. Non todo vai ser ler ¿non si?
Así e todo os rapaces fóronse ás vacacións con recomendacións lectoras dos seus profesores.

miércoles, 12 de diciembre de 2012

Cando tíñamos a vosa idade: María José Carracedo y El Viejo y el Mar

Sinopsis: El libro trata sobre las experiencias vitales de un anciano pescador cubano, que fue muy respetado como pescador en sus tiempos de juventud y madurez, pero que se siente derrotado en su vejez. Pretende recuperar el prestigio perdido capturando “el pez más grande” que se haya visto en el pueblo. Autor: Ernest Hemingway (1899-1961), escritor norteamericano muy ligado al mundo hispanoamericano. El viejo y el mar ganó el premio Pulitzer en 1953. Un año más tarde Hemingway fue galardonado con el Premio Nóbel de Literatura. Valoración: Leí el libro con 12 ó 13 años y me “atrapó” en seguida. En primer lugar, es de lectura fácil y fluida, con una profunda caracterización del personaje, con quien llegas a unirte en sus vivencias. Además, una parte de la historia nos narra la relación entre el viejo y un muchacho del pueblo. Es una relación tierna, que me recordaba a la que yo mantenía con mi abuelo paterno, personaje rígido, intransigente y cascarrabias a decir de toda la familia. Sin embargo, su relación conmigo tenía un punto de ternura y complicidad. Por otra parte, me resultó sorprendente la perseverancia del viejo, que le lleva a luchar contra lo que casi parece imposible, pero que también le lleva a conseguir su objetivo: demostrar que sigue siendo un magnífico pescador. Su afán de superación de los obstáculos es ejemplar.

lunes, 10 de diciembre de 2012

Cando tíñamos a vosa idade: Guillín e Rebeldes

A Guillín o libro que lle impresionou a vosa idade foi "Rebeldes" de Susan E. Hinton, é un libro moi interesante e del fíxose unha pelicula,dirixida por un gran director Francis Ford Coppola que xa é de culto, aqui vos deixo máis información. http://es.wikipedia.org/wiki/The_Outsiders_(pelicula)

miércoles, 5 de diciembre de 2012

Cando tíñamos a vosa idade: Marta e Jane Eyre

Marta, a profe de Historia , parece que quedou impresionada pola historia que conta Charlotte Bronte sobre a vida e aventuras dunha orfa no século XIX. Ela mesma volo conta en primeira persoa: "Jane Eyre non tivo moita sorte coa vida que lle tocou vivir, pero temos que recoñecer que a viviu cunha intensidade digna de eloxio. En realidade, no fondo Charlotte Bronté cóntanos a historia dunha muller que busca a sua dignidade e a súa libertade, en medio dun mundo hostil. Ë unha novela apaixoante na que se mesturan moitos xéneros literarios: O romanticismo, o terror, as aventuras e o costumbrismo e malo será que de paso non aprendades algo de historia do XIX...¿Que màis queredes? Aqui tedes catro novelas nunha. Disfrutade da lectura e xa comentaredes que é o que pensades vos"

lunes, 3 de diciembre de 2012

Cando tíñamos a vosa idade: Clara e o Mecanoscrito da segunda orixe

Clara, a profesora de Música quedou impresionada, cando tiña a vosa idade por:

MECANOSCRITO DA SEGUNDA ORIXE de Manuel de Pedrolo

É unha fermosa historia de amor, aventuras e altruísmo dun rapaz, Dídac, e unha rapaza, Alba que sobreviven a un ataque extraterrestre. A desesperada situación pon en marcha a súa creatividade e coraxe para superar os retos que a supervivencia impón.
Non quero desvelar máis. Espero que vos guste tanto como me gustou a min cando a lin e que a vosa vida tamén sexa unha fermosa aventura!

Se queredes saber máis, ten incluso unha entrada na Wikipedia, ainda que fale da súa traducción ao castelán  http://es.wikipedia.org/wiki/Mecanoscrito_del_segundo_origen