Clara, a profesora de Música quedou impresionada, cando tiña a vosa idade por:
MECANOSCRITO DA SEGUNDA ORIXE de Manuel de Pedrolo
É unha fermosa historia de amor, aventuras e altruísmo
dun rapaz, Dídac, e unha rapaza, Alba que sobreviven a un ataque
extraterrestre. A desesperada situación pon en marcha a súa creatividade
e coraxe para superar os retos que a supervivencia impón.
Non quero desvelar máis. Espero que vos guste tanto como me
gustou a min cando a lin e que a vosa vida tamén sexa unha fermosa
aventura!
Se queredes saber máis, ten incluso unha entrada na Wikipedia, ainda que fale da súa traducción ao castelán http://es.wikipedia.org/wiki/Mecanoscrito_del_segundo_origen
No hay comentarios:
Publicar un comentario