miércoles, 5 de diciembre de 2012
Cando tíñamos a vosa idade: Marta e Jane Eyre
Marta, a profe de Historia , parece que quedou impresionada pola historia que conta Charlotte Bronte sobre a vida e aventuras dunha orfa no século XIX. Ela mesma volo conta en primeira persoa:
"Jane Eyre non tivo moita sorte coa vida que lle tocou vivir, pero temos que recoñecer que a viviu cunha intensidade digna de eloxio. En realidade, no fondo Charlotte Bronté cóntanos a historia dunha muller que busca a sua dignidade e a súa libertade, en medio dun mundo hostil. Ë unha novela apaixoante na que se mesturan moitos xéneros literarios: O romanticismo, o terror, as aventuras e o costumbrismo e malo será que de paso non aprendades algo de historia do XIX...¿Que màis queredes? Aqui tedes catro novelas nunha. Disfrutade da lectura e xa comentaredes que é o que pensades vos"
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario