jueves, 20 de diciembre de 2018

Un Nadal de poesía

Lembrámosvos que no noso blogue Bibliosansa podedes atopar unha selección de libros de poesía que titulamos " Un Nadal de poesía".

Carl Larsson


lunes, 3 de diciembre de 2018

Amamos la poesía Quevedo por Juan Echanove

Hoxe traemosvos a esta bitácora a Quevedo recitado por Juan Echanove. É, como xa vos decatariades, outro dos vídeos do proxecto "Amamos la poesía".

viernes, 16 de noviembre de 2018

Amamos la poesía

"Amamos la poesía" é o nome dun proxecto da RAE e da editorial Condé Nast para difundir a poesía española e hispanoamericana a través de vídeos con prestixiosos actores  e músicos recitando.



Hoxe deixámosvos un vídeo co Soneto XXIII de Garcilaso de la Vega recitado por Santiago Auserón.

lunes, 5 de noviembre de 2018

Premio San Clemente

A pasada semana coñeciamos os gañadores da XXIV edición do Premio San Clemente:
  • Marcos Calveiro pola novela O xardineiro dos ingleses.
  • Pedro Mairal pola novela La uruguaya.
  • Ha Kang pola novela La vegetariana.
Estes premios son moi especiais para nós porque, coma moitos sabedes, o xurado está conformado por alumnado de once centros educativos de Galicia.

miércoles, 16 de mayo de 2018

Día das Letras Galegas: María Victoria Moreno


O equipo da biblioteca e o EDLG veñen de repartir hoxe un marcapáxinas deseñado polo noso profesor de Educación Plástica de secundaria para o Día das Letras Galegas. 

Esta data dedícase, coma xa sabedes, a María Victoria Moreno. Seleccionamos entre a súa obra algúns títulos que pensamos vos poden interesar ao alumnado de secundaria: Leonardo e os fontaneiros (a partir de 12 anos), Anagnórise (a partir de 14 anos) e Guedellas de liño e seda (a partir dos 14 anos). 



viernes, 27 de abril de 2018

Carlos Negro, premio dos Clubs de Lectura 2018


O poeta Carlos Negro vén de ser galardoado co Premio dos Clubs de Lectura 2018. O escritor lalinense é autor de obras entre as que figuran algunhas ben populares entre o noso alumnado dos dous últimos cursos de secundaria: Makinaria e Penúltimas Tendencias.

Moitos parabéns por tan merecido premio a quen cultiva a palabra poética dende o convencemento de quen se achegou á poesía coa conciencia de que "a palabra se me estaba impoñendo coma un instrumento para exercer a memoria e buscar  a verdade (a miña memoria e a miña verdade)". 
 

lunes, 29 de enero de 2018