lunes, 16 de enero de 2017

Marilar Aleixandre ingresa na RAG


A escritora Marilar Aleixandre ingresou oficialmente na Real Academia Galega o pasado 14 de xaneiro. Marilar, por certo unha autora moi lida no noso club de lectura dende a súa fundación, pronuciou un discurso titulado Voces termando da paisaxe galega que foi respondido pola tamén escritora Fina Casalderrey quen afirmou:

Marilar chega á Academia con cestos ateigados de ideas, de palabras descarreiradas coas que nomear os animais e as plantas todas, dende as que se refiren aos seres máis aparentemente insignificantes que pululan ao noso redor e que nos pasan desapercibidos, ata os que asoman por primeira vez. Son palabras que traerá escollidas, limpas. Talvez silenciadas ou discriminadas e que, como bióloga e literata atenta a poñerlle nome a todo o que respira, esixa rescatarmos.
Fina Casalderrey