O vindeiro 17 de maio é o Día das Letras Galegas, que coma sabedes, este ano está dedicado a Ricardo Carvalho Calero.
Mostrando entradas con la etiqueta suxestións de lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta suxestións de lectura. Mostrar todas las entradas
jueves, 14 de mayo de 2020
Día das Letras Galegas
O vindeiro 17 de maio é o Día das Letras Galegas, que coma sabedes, este ano está dedicado a Ricardo Carvalho Calero.
martes, 5 de mayo de 2020
Conta nove estrelas de Andrea Maceiras
Só Quepi ousou desobedecer o mandato do Observatorio Interteretelar para protexer a un bobó, un pequeno e peludo animal...
jueves, 23 de abril de 2020
Premios dos Clubs de Lectura para Andrea Maceiras
Andrea Maceiras vén de recibir o Premio dos Clubs de Lectura 2020. Moitos parabéns para unha autora moi lida no noso centro o cal visitou en dúas ocasións.
![]() |
| ""Arquivo AELG - Eduardo Castro Bal". |
miércoles, 24 de abril de 2019
Premio dos Clubs de Lectura 2019 a María Reimóndez
María Reimóndez vén de recibir o Premio dos Clubs de Lectura 2019 que se entregará no transcurso da XII Xornada dos Clubs de Lectura dos centros de ensino secundario de Galicia.
![]() |
| De Santos Díez (Ollo de Vidro-ACAB) |
viernes, 1 de febrero de 2019
Os máis lidos nos Clubs de Lectura
Xa coñecemos a lista dos cincuenta títulos máis lidos nos Clubs de Lectura durante o curso 2017/2018.
jueves, 20 de diciembre de 2018
Un Nadal de poesía
Lembrámosvos que no noso blogue Bibliosansa podedes atopar unha selección de libros de poesía que titulamos " Un Nadal de poesía".
![]() |
| Carl Larsson |
miércoles, 16 de mayo de 2018
Día das Letras Galegas: María Victoria Moreno
O equipo da biblioteca e o EDLG veñen de repartir hoxe un marcapáxinas deseñado polo noso profesor de Educación Plástica de secundaria para o Día das Letras Galegas.
Esta data dedícase, coma xa sabedes, a María Victoria Moreno. Seleccionamos entre a súa obra algúns títulos que pensamos vos poden interesar ao alumnado de secundaria: Leonardo e os fontaneiros (a partir de 12 anos), Anagnórise (a partir de 14 anos) e Guedellas de liño e seda (a partir dos 14 anos).
viernes, 27 de abril de 2018
Carlos Negro, premio dos Clubs de Lectura 2018
O poeta Carlos Negro vén de ser galardoado co Premio dos Clubs de Lectura 2018. O escritor lalinense é autor de obras entre as que figuran algunhas ben populares entre o noso alumnado dos dous últimos cursos de secundaria: Makinaria e Penúltimas Tendencias.
Moitos parabéns por tan merecido premio a quen cultiva a palabra poética dende o convencemento de quen se achegou á poesía coa conciencia de que "a palabra se me estaba impoñendo coma un instrumento para exercer a memoria e buscar a verdade (a miña memoria e a miña verdade)".
lunes, 29 de enero de 2018
Os 50 títulos máis lidos nos Clubs de Lectura
A Asesoría de Bibliotecas Escolares vén de facer pública a lista dos 50 libros máis lidos nos Clubs de Lectura durante o curso 2016/2017.
jueves, 21 de diciembre de 2017
Guías de suxestións de Nadal
jueves, 19 de octubre de 2017
A terra de Anna
Coñecemos por Rede Lectura da publicación en galego da novela A terra de Anna, un dos últimos libros do escritor noruegués Jostein Gaarder (autor por certo de El mundo de Sofía, unha entretida novela que nos introduce na historia da filosofía).
Preme aquí se queres ler o inicio da novela.
miércoles, 14 de junio de 2017
Sobre os Premios Xerais e un libro moi especial de Xurxo Mariño
Atopamos en Rede Lectura nova da concesión dos Premios Xerais 2017 que este ano recaeron en: Santiago Lopo, María Canosa e Manuel Lourenzo.
O mantedor literario dos Xerais deste ano foi o científico Xurxo Mariño quen no seu discurso, titulado "Unha pedra Negra", nos lembra a importancia da necesaria convivencia das humanidades e das ciencias:
O mantedor literario dos Xerais deste ano foi o científico Xurxo Mariño quen no seu discurso, titulado "Unha pedra Negra", nos lembra a importancia da necesaria convivencia das humanidades e das ciencias:
A capacidade de asombro e a
intensa potencia poética dalgúns feitos científicos son equiparables as
representacións artísticas máis fondas. A falta de comprensión e
dificultade que poden existir nalgúns procedementos científicos non son
escusas para non abrazar o coñecemento que se xera. De igual xeito que é
posible gozar con intensidade da música sen saber tocar un só
instrumento ou sen saber como ler unha partitura, tamén é posible gozar
da extrema capacidade de abraio e suxestión da ciencia sen coñecer os
detalles das fórmulas matemáticas ou os experimentos de laboratorio.
Dedicarse a explorar o pracer do coñecemento artístico ignorando este
suculento anaco da torta é perder unha magnífica fonte para nutrir a
alma
- Discurso completo de Xurxo Mariño na gala dos Premios Xerais.
- Terra, último libro de Xurxo Mariño, no blogue Bibliosansa.
- Os dados do reloxeiro: ciencia amena para mentes inquietas de Xurxo Mariño na mediateca da web do Consello da Cultura.
- Po de estrelas. Novas receitas científicas de Os dados do reloxeiro de Xurxo Mariño na mediateca da web do Consello da Cultura.
lunes, 12 de junio de 2017
Nemo o rapaz sen nome
Nemo, quen é Nemo? Todo o que o rodea está envolto no misterio. Un rapaz silandeiro e introvertido cunha misión que cumprir...
viernes, 2 de junio de 2017
Xa non estou aquí de Iria Misia
Iria Misia gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil con esta novela realista artellada arredor da desaparición da protagonista, tal e coma a propia autora afirma:
Xa non estou aquí será a miña primeira obra publicada. É unha
novela que fala de sentimentos universais: a necesidade de pertenza a un
grupo, de comprensión, a soidade… A intriga artéllase arredor da
desaparición da protagonista, misterio que se irá desentrañando ao longo
da novela a través dos distintos puntos de vista dos personaxes. É unha
novela coral onde quixen traballar o multiperspectivismo e así poñer de
manifesto o cariz tan distinto que pode tomar a realidade dependendo
dos ollos de quen a mira.
lunes, 29 de mayo de 2017
Mala luna
Vientos del pueblo me llevan,
vientos del pueblo me arrastran,
me esparcen el corazón
y me aventan la garganta.
vientos del pueblo me arrastran,
me esparcen el corazón
y me aventan la garganta.
Miguel Hernández
Seguimos lembrando ao gran poeta Miguel Hernández e nesta ocasión escollemos a novela Mala luna de Rosa Huertas, xa que nalgunha ocasión foi unha das lecturas escollidas por algún dos grupos do noso club de lectura.
lunes, 22 de mayo de 2017
Premios II Gala do libro galego
Atopamos no blogue Rede Lectura nova da próxima celebración da II Gala do libro galego. Por certo, a obra premiada na categoría de Literatura infantil e xuvenil é Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta de Ledicia Costas. Preme aquí se desexas coñecer máis información sobre este evento.
viernes, 19 de mayo de 2017
Lembrando a Miguel Hernández
Recordar a Miguel Hernández que desapareció en la oscuridad y recordarlo
a plena luz, es un deber de España, un deber de amor. Pocos poetas tan
generosos y luminosos como el muchachón de Orihuela cuya estatua se
levantará algún día entre los azahares de su dormida tierra.
Pablo Neruda
Xa sabedes que nos gusta moito a poesía, así que este ano queremos ter moi presente a Miguel Hernández posto que se cumpriron 75 anos do seu falecemento o pasado 28 de marzo.
viernes, 28 de abril de 2017
Premio dos Clubs de Lectura 2017 para Miguelanxo Prado
Miguelanxo Prado vén de recibir o Premio dos Clubs de Lectura 2017 pola súa contribución ao impulso da lectura en galego entre o alumnado
que participa nos clubs de lectura de ensino secundario de Galicia. Parabéns!
![]() |
| Fotografía de Alberto Ramos. Créditos aquí. |
lunes, 16 de enero de 2017
Marilar Aleixandre ingresa na RAG
A escritora Marilar Aleixandre ingresou oficialmente na Real Academia Galega o pasado 14 de xaneiro. Marilar, por certo unha autora moi lida no noso club de lectura dende a súa fundación, pronuciou un discurso titulado Voces termando da paisaxe galega que foi respondido pola tamén escritora Fina Casalderrey quen afirmou:
Marilar chega á Academia con cestos ateigados de ideas, de palabras descarreiradas coas que nomear os animais e as plantas todas, dende as que se refiren aos seres máis aparentemente insignificantes que pululan ao noso redor e que nos pasan desapercibidos, ata os que asoman por primeira vez. Son palabras que traerá escollidas, limpas. Talvez silenciadas ou discriminadas e que, como bióloga e literata atenta a poñerlle nome a todo o que respira, esixa rescatarmos.
Fina Casalderrey
viernes, 13 de enero de 2017
Os 50 títulos máis lidos nos Clubs de lectura durante o curso 2015/2016
Atopamos no blogue Ler en mancomún os 50 libros máis lidos nos Clubs de lectura durante o pasado curso.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
























