Iria Misia gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil con esta novela realista artellada arredor da desaparición da protagonista, tal e coma a propia autora afirma:
Xa non estou aquí será a miña primeira obra publicada. É unha
novela que fala de sentimentos universais: a necesidade de pertenza a un
grupo, de comprensión, a soidade… A intriga artéllase arredor da
desaparición da protagonista, misterio que se irá desentrañando ao longo
da novela a través dos distintos puntos de vista dos personaxes. É unha
novela coral onde quixen traballar o multiperspectivismo e así poñer de
manifesto o cariz tan distinto que pode tomar a realidade dependendo
dos ollos de quen a mira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario