Atopamos en Rede Lectura nova da concesión dos Premios Xerais 2017 que este ano recaeron en: Santiago Lopo, María Canosa e Manuel Lourenzo.
O mantedor literario dos Xerais deste ano foi o científico Xurxo Mariño quen no seu discurso, titulado "Unha pedra Negra", nos lembra a importancia da necesaria convivencia das humanidades e das ciencias:
O mantedor literario dos Xerais deste ano foi o científico Xurxo Mariño quen no seu discurso, titulado "Unha pedra Negra", nos lembra a importancia da necesaria convivencia das humanidades e das ciencias:
A capacidade de asombro e a
intensa potencia poética dalgúns feitos científicos son equiparables as
representacións artísticas máis fondas. A falta de comprensión e
dificultade que poden existir nalgúns procedementos científicos non son
escusas para non abrazar o coñecemento que se xera. De igual xeito que é
posible gozar con intensidade da música sen saber tocar un só
instrumento ou sen saber como ler unha partitura, tamén é posible gozar
da extrema capacidade de abraio e suxestión da ciencia sen coñecer os
detalles das fórmulas matemáticas ou os experimentos de laboratorio.
Dedicarse a explorar o pracer do coñecemento artístico ignorando este
suculento anaco da torta é perder unha magnífica fonte para nutrir a
alma
- Discurso completo de Xurxo Mariño na gala dos Premios Xerais.
- Terra, último libro de Xurxo Mariño, no blogue Bibliosansa.
- Os dados do reloxeiro: ciencia amena para mentes inquietas de Xurxo Mariño na mediateca da web do Consello da Cultura.
- Po de estrelas. Novas receitas científicas de Os dados do reloxeiro de Xurxo Mariño na mediateca da web do Consello da Cultura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario