viernes, 27 de abril de 2018

Carlos Negro, premio dos Clubs de Lectura 2018


O poeta Carlos Negro vén de ser galardoado co Premio dos Clubs de Lectura 2018. O escritor lalinense é autor de obras entre as que figuran algunhas ben populares entre o noso alumnado dos dous últimos cursos de secundaria: Makinaria e Penúltimas Tendencias.

Moitos parabéns por tan merecido premio a quen cultiva a palabra poética dende o convencemento de quen se achegou á poesía coa conciencia de que "a palabra se me estaba impoñendo coma un instrumento para exercer a memoria e buscar  a verdade (a miña memoria e a miña verdade)". 
 

lunes, 29 de enero de 2018

jueves, 19 de octubre de 2017

A terra de Anna

Coñecemos por Rede Lectura da publicación en galego da novela A terra de Anna, un dos últimos libros do escritor noruegués Jostein Gaarder (autor por certo de El mundo de Sofía, unha entretida novela que nos introduce na historia da filosofía).


Preme aquí se queres ler o inicio da novela.

viernes, 16 de junio de 2017

miércoles, 14 de junio de 2017

Sobre os Premios Xerais e un libro moi especial de Xurxo Mariño

Atopamos en Rede Lectura nova da concesión dos Premios Xerais 2017 que este ano recaeron en: Santiago Lopo, María Canosa e Manuel Lourenzo.
O mantedor literario dos Xerais deste ano foi o científico Xurxo Mariño quen no seu discurso, titulado "Unha pedra Negra", nos lembra a importancia da necesaria convivencia das humanidades e das ciencias:

A capacidade de asombro e a intensa potencia poética dalgúns feitos científicos son equiparables as representacións artísticas máis fondas. A falta de comprensión e dificultade que poden existir nalgúns procedementos científicos non son escusas para non abrazar o coñecemento que se xera. De igual xeito que é posible gozar con intensidade da música sen saber tocar un só instrumento ou sen saber como ler unha partitura, tamén é posible gozar da extrema capacidade de abraio e suxestión da ciencia sen coñecer os detalles das fórmulas matemáticas ou os experimentos de laboratorio. Dedicarse a explorar o pracer do coñecemento artístico ignorando este suculento anaco da torta é perder unha magnífica fonte para nutrir a alma

Xurxo Mariño, "Unha pedra negra"