Coñecemos grazas ao blogue Rede Lectura a publicación dunha obra póstuma de Agustín Fernández Paz: A casa do medo.
jueves, 1 de diciembre de 2016
jueves, 24 de noviembre de 2016
Premios San Clemente
O Premio San Clemente, organizado polo IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, ten un xurado moi especial: o alumnado de bacharelato. Este ano os galardoados foron:
- Premio en lingua estranxeira: Pierre Lemaitre por Irène.
- Premio en Lingua Castelá: Sara Mesa por Cicatriz.
- Premio en Lingua Galega: Xabier Quiroga por Izam o da saca.
lunes, 14 de noviembre de 2016
Lembrando a Roald Dahl
miércoles, 2 de noviembre de 2016
Premio para Miguelanxo Prado
Miguelanxo Prado, un dos autores de banda deseñada preferidos no club, vén de recibir o Premio Melhor Álbum de Autor Estrangeiro no Festival de Banda Desenhada de Amadora (Portugal). Parabéns!
lunes, 24 de octubre de 2016
Bibliotízate
O Observatorio da Lectura e do Libro pon en marcha a campaña Bibliotízate, que se poderá seguir en Twitter desde o día 19 ata o día 24 de outubro co hashtag #bibliotízate, para celebrar o Día da Biblioteca.
Feliz Día da Biblioteca!
lunes, 17 de octubre de 2016
Un monstro vén a verme
Atopamos en Rede Lectura unha nova de interese: a publicación en galego da novela Un monstro vén a verme de Patrick Ness. Por certo, coma xa moitos e moitas sabedes, vén de estrearse a película (dirixada por Juan Antonio Bayona) baseada na novela.
lunes, 10 de octubre de 2016
Biblioteca e arte
Biblioteca escolar - Territorio da arte é o lema escollido para os materiais destinados ás bibliotecas escolares que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017.
Por certo, en Rede Lectura atopamos catro libros sobre arte ben interesantes: O armiño dorme de Xosé Neira Cruz, Fantasmas de luz de Agustín Fernández Paz, O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro e Reo de Xesús Fraga.
E por certo: benvidas e benvidos ao club de lectura un curso máis.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






