Mostrando entradas con la etiqueta libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta libro. Mostrar todas las entradas

jueves, 31 de marzo de 2016

Os libros máis lidos nos clubs de lectura o pasado curso

Queredes saber cales son autores e os libros máis lidos nos clubs de lectura das bibliotecas escolares galegas no pasado curso? Pois atopámolos no blogue Ler en mancomún.

En  canto aos libros:

domingo, 9 de febrero de 2014

CANDO TIÑAMOS A VOSA IDADE: EL ALQUIMISTA DE PAULO COELLO (GUILLÍN)

Esta recomendación que agora vos fago é un pouco inconsistente. Explícome...
Se me preguntades de que vai o libro non vos saberei responder. É curioso, lino hai bastante tempo, uns 14 anos, e foi un regalo dun amigo despois dunha situación persoal algo complicada...¿E por qué o recomendo logo? pois porque aínda que non lembre os detalles da historia (un rapaz andaluz, un pastor, deixa todo e vaga polo deserto perseguindo un sono...) o que si lembro perfectamente é a sensación que me deixou, a reacción que provocou aló dentro de min, moi adentro, lembro case as cores dos sonos que naceron da súa lectura...é difícil de explicar. É un libro que marca, sobre todo se es unha persoa con facilidade para deixarte levar a outros mundos, deixar voar a imaxinación e converterte en algo diferente. Por iso penso que é un libro especialmente indicado para un rapaz da vosa idade, na que todo se vive intensamente, todo é dramático, urxente, decisivo, único...Lembro o entusiasmo que me provocou, ese medio sorriso poñéndome na pel do protagonista, e rematei por crer que todo se pode conseguir, por moi imposible que pareza. Só hai que ser constante e crer, crer, crer...ao rematar de lelo estiven dúas semanas vagando como un tonto, algo desconectado desta realidade. Despois vas descendendo pouco a pouco...e volves a ser o de antes...ou non; porque nunca sabes ata que punto deixaches atrás o que eras e te transformaches no que es, ao ler o libro.
Facédeme caso, lédeo, e xa me contaredes...