Mañá celebrarase en Santiago de de Compostela a XI Xornada dos Clubs de Lectura na cal o poeta Carlos Negro recibira o Premio dos Clubs de Lectura deste ano.
jueves, 31 de mayo de 2018
miércoles, 16 de mayo de 2018
Día das Letras Galegas: María Victoria Moreno
O equipo da biblioteca e o EDLG veñen de repartir hoxe un marcapáxinas deseñado polo noso profesor de Educación Plástica de secundaria para o Día das Letras Galegas.
Esta data dedícase, coma xa sabedes, a María Victoria Moreno. Seleccionamos entre a súa obra algúns títulos que pensamos vos poden interesar ao alumnado de secundaria: Leonardo e os fontaneiros (a partir de 12 anos), Anagnórise (a partir de 14 anos) e Guedellas de liño e seda (a partir dos 14 anos).
viernes, 27 de abril de 2018
Carlos Negro, premio dos Clubs de Lectura 2018
O poeta Carlos Negro vén de ser galardoado co Premio dos Clubs de Lectura 2018. O escritor lalinense é autor de obras entre as que figuran algunhas ben populares entre o noso alumnado dos dous últimos cursos de secundaria: Makinaria e Penúltimas Tendencias.
Moitos parabéns por tan merecido premio a quen cultiva a palabra poética dende o convencemento de quen se achegou á poesía coa conciencia de que "a palabra se me estaba impoñendo coma un instrumento para exercer a memoria e buscar a verdade (a miña memoria e a miña verdade)".
lunes, 29 de enero de 2018
Os 50 títulos máis lidos nos Clubs de Lectura
A Asesoría de Bibliotecas Escolares vén de facer pública a lista dos 50 libros máis lidos nos Clubs de Lectura durante o curso 2016/2017.
jueves, 21 de diciembre de 2017
Guías de suxestións de Nadal
lunes, 23 de octubre de 2017
Féliz Día da Biblioteca
Mañá, 24 de outubro, conmemoramos o Día da Biblioteca. Xa sabes que mañá e o resto dos días agardámoste onde o mundo se chama biblioteca.
jueves, 19 de octubre de 2017
A terra de Anna
Coñecemos por Rede Lectura da publicación en galego da novela A terra de Anna, un dos últimos libros do escritor noruegués Jostein Gaarder (autor por certo de El mundo de Sofía, unha entretida novela que nos introduce na historia da filosofía).
Preme aquí se queres ler o inicio da novela.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)