Como o ano pasado, Agustín Fernández Paz, volve a ser o Rei dos Clubs de Lectura galegos...nos estamos na media, e satisfácenos comprobar que ao fin e ao cabo todos lemos máis o menos o mesmo...
Podedes ler a lista deste ano neste ENLACE
miércoles, 19 de noviembre de 2014
martes, 11 de noviembre de 2014
Os famosos tamén len: En Hollywood teñen bo gusto
Parece ser que os actores de Hollywood son persoas coma nos, cós seus gustos e preferencias, pero moitos deles resultaron ser grandes lectores e debo recoñecer que moitos deles cun gusto exquisito, nunca pensei que coincidiría en nada con Kiera Knightley ( 'Orgullo y Prejuicio', Jane Austen), Tom Hanks ( 'A sangre fría', Truman Capote) ou Catherine Zeta-Jones:('El Gran Gatsby', F. Scott Fitzgerald), en fin deixovos o enlace e así poderedes comprobar con que gustos literarios das estrelas coincidides
LIBROS FAVORITOS DAS ESTRELAS
lunes, 10 de noviembre de 2014
Os famosos tamén len: Os trinta libros favoritos de Bruce Springsteen
Parece que o Boss ten un gusto excepcional p'ara a lectura...leede o seguinte artigo, no que co galo da próxima publiciación dun relato seu inédito, O boss nos explica os libros que lle tocaron, lle chamaron máis a atención e o encandilaron. Calquera deles merece que vos decidades a lelo.Aquí tedes o enlace:
Os trinta libros favoritos de Bruce Springsteen
jueves, 13 de febrero de 2014
Unha historia de amor para San Valentín: Emma de Jane Austen (Marta)
Pensando nunha historia de amor para o día de San Valentín lembrei como, a vosa idade, impresionoume Emma cando a lin. A historia desta "señorita" aburrida, con moi boas intencións, que cre que pode emparellar a todos os solteiros do pobo que ten ao seu redor, encantoume. Cando as historias lle saen ao revés e ela dase conta que o está liando todo a cousa xa non ten remedio, ela está namorada.
Gustame moito porque a protagonista é totalmente imperfecta, unha rapaza moi ociosa, caprichosa e bastante mimada pero con moitas ganas de facer felices aos que están ao seu redor, que malinterpreta constantemente os sintomas do amor levando aos seus amigos e a ela mesma a situacións moi confusas e que de repente se atopa có amor sen esperalo.
E un libro atípico de Jean Austen, Emma quere ser unha heroína romántica pero mete a pata constantemente, lle falta sentidiño e lle sobra entusiasmo, pero en moitos pasaxes non se pode evitar sorrir, e ao final a historia de amor máis interesante é a súa, ela, que non quería namorarse.
Leedelo, é un libro interesante e divertido, que denuncia o cotilleo dos pobos e as malas interpretacions en cuestións de amor e no que ao final se demostra que o sentidiño é o mellor conselleiro que unha rapaza pode ter. Aprenderedes tamén que na Inglaterra de fai douscentos anos as cousas tampouco eran tan diferentes coma agora, ainda que non tiveran nin washap ni facebook.
domingo, 9 de febrero de 2014
CANDO TIÑAMOS A VOSA IDADE: EL ALQUIMISTA DE PAULO COELLO (GUILLÍN)
Esta recomendación que agora vos fago é un pouco inconsistente. Explícome...
Se me preguntades de que vai o libro non vos saberei responder. É curioso, lino hai bastante tempo, uns 14 anos, e foi un regalo dun amigo despois dunha situación persoal algo complicada...¿E por qué o recomendo logo? pois porque aínda que non lembre os detalles da historia (un rapaz andaluz, un pastor, deixa todo e vaga polo deserto perseguindo un sono...) o que si lembro perfectamente é a sensación que me deixou, a reacción que provocou aló dentro de min, moi adentro, lembro case as cores dos sonos que naceron da súa lectura...é difícil de explicar. É un libro que marca, sobre todo se es unha persoa con facilidade para deixarte levar a outros mundos, deixar voar a imaxinación e converterte en algo diferente. Por iso penso que é un libro especialmente indicado para un rapaz da vosa idade, na que todo se vive intensamente, todo é dramático, urxente, decisivo, único...Lembro o entusiasmo que me provocou, ese medio sorriso poñéndome na pel do protagonista, e rematei por crer que todo se pode conseguir, por moi imposible que pareza. Só hai que ser constante e crer, crer, crer...ao rematar de lelo estiven dúas semanas vagando como un tonto, algo desconectado desta realidade. Despois vas descendendo pouco a pouco...e volves a ser o de antes...ou non; porque nunca sabes ata que punto deixaches atrás o que eras e te transformaches no que es, ao ler o libro.
Facédeme caso, lédeo, e xa me contaredes...
miércoles, 22 de enero de 2014
Merendola para celebrar todalas nosas lecturas
Voltamos aos bos costumes, para celebrar que nos gusta ler e claramente que nos gusta comer pastelón, retomamos as merendolas. Entre libros e pasteis afrontamos o que queda de curso
miércoles, 15 de enero de 2014
CANDO TIÑAMOS A VOSA IDADE: Clara e Roald Dalh
Cando eu tiña a vosa idade estaba namorada da obra dun escritor: Roald Dahl.
De entre todos os seus libros gustaríame recomendarvos dous por ser
menos coñecidos que outros pero non por iso menos interesantes: Boy e
Voando só.
Trátase de dúas autobiografías do escritor, o primeiro da súa infancia e o segundo da época na que foi piloto de aviación durante a guerra. A súa forma de contar as anécdotas e historias que lle pasaron é divertida, fresca, sorprendente. Se vos animades a lelos estou segura de que quedaredes enganchados e teredes ganas de vivir moitas aventuras...
Clara.
De Boy di esto a Wikipedia: O autor fai fincapé nas primeiras páxinas que o obxetivo deste libro simplemente é ofrecer aolector unha serie de aventuras e sucesos que lle ocurriron ao longo da súa vida, dende que naceu ata ser unha persoa adulta, e que logo
lle servirían para inspirarse nas numerosas novelas que escriveu..Esto non é unha autobiografia, é o relato dunhas cuantas cousas que lle sucederon a Roald Dahl durante a sua estancia na escola e despois
de sair dela. Algunhas divertidas. Outras tristes. Todas son verdade.E
algunhas delas inspirarono para contar fantàsticas, divertidas e
terribles aventuras nos seus libros.
Voando só éche unha autobiografía de Roald Dahl que se publicou arredor
de 1986. É a continuación do seu primero volumen autobiográfico, Boy:
Tales of Childhood.
Neste libro Dahl conta que vai traballar para Shell (unha compañía petrolífera) e pasa algún tempo
escribindo en Tazaña (aprendiendo swahili e tambén sobre as
serpentes venenosas). Eventualmente unese ás forzas armadas como
piloto da Forza Aérea Real, voando o Tiger Moth, Gloster
Gladiator, y Hawker Hurricane. Foi un dos últimos pilotos de
retirarse de Grecia na época da invasión Alemana. Despois de que Grecia
caera ante os nazis, Dahl vaise ao Medio Oriente para combatir aos
pilotos"Vichy French" logo de quedar brevemente en Alexandría,
Egipto.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)