jueves, 13 de febrero de 2014
Unha historia de amor para San Valentín: Emma de Jane Austen (Marta)
Pensando nunha historia de amor para o día de San Valentín lembrei como, a vosa idade, impresionoume Emma cando a lin. A historia desta "señorita" aburrida, con moi boas intencións, que cre que pode emparellar a todos os solteiros do pobo que ten ao seu redor, encantoume. Cando as historias lle saen ao revés e ela dase conta que o está liando todo a cousa xa non ten remedio, ela está namorada.
Gustame moito porque a protagonista é totalmente imperfecta, unha rapaza moi ociosa, caprichosa e bastante mimada pero con moitas ganas de facer felices aos que están ao seu redor, que malinterpreta constantemente os sintomas do amor levando aos seus amigos e a ela mesma a situacións moi confusas e que de repente se atopa có amor sen esperalo.
E un libro atípico de Jean Austen, Emma quere ser unha heroína romántica pero mete a pata constantemente, lle falta sentidiño e lle sobra entusiasmo, pero en moitos pasaxes non se pode evitar sorrir, e ao final a historia de amor máis interesante é a súa, ela, que non quería namorarse.
Leedelo, é un libro interesante e divertido, que denuncia o cotilleo dos pobos e as malas interpretacions en cuestións de amor e no que ao final se demostra que o sentidiño é o mellor conselleiro que unha rapaza pode ter. Aprenderedes tamén que na Inglaterra de fai douscentos anos as cousas tampouco eran tan diferentes coma agora, ainda que non tiveran nin washap ni facebook.
domingo, 9 de febrero de 2014
CANDO TIÑAMOS A VOSA IDADE: EL ALQUIMISTA DE PAULO COELLO (GUILLÍN)
Esta recomendación que agora vos fago é un pouco inconsistente. Explícome...
Se me preguntades de que vai o libro non vos saberei responder. É curioso, lino hai bastante tempo, uns 14 anos, e foi un regalo dun amigo despois dunha situación persoal algo complicada...¿E por qué o recomendo logo? pois porque aínda que non lembre os detalles da historia (un rapaz andaluz, un pastor, deixa todo e vaga polo deserto perseguindo un sono...) o que si lembro perfectamente é a sensación que me deixou, a reacción que provocou aló dentro de min, moi adentro, lembro case as cores dos sonos que naceron da súa lectura...é difícil de explicar. É un libro que marca, sobre todo se es unha persoa con facilidade para deixarte levar a outros mundos, deixar voar a imaxinación e converterte en algo diferente. Por iso penso que é un libro especialmente indicado para un rapaz da vosa idade, na que todo se vive intensamente, todo é dramático, urxente, decisivo, único...Lembro o entusiasmo que me provocou, ese medio sorriso poñéndome na pel do protagonista, e rematei por crer que todo se pode conseguir, por moi imposible que pareza. Só hai que ser constante e crer, crer, crer...ao rematar de lelo estiven dúas semanas vagando como un tonto, algo desconectado desta realidade. Despois vas descendendo pouco a pouco...e volves a ser o de antes...ou non; porque nunca sabes ata que punto deixaches atrás o que eras e te transformaches no que es, ao ler o libro.
Facédeme caso, lédeo, e xa me contaredes...
miércoles, 22 de enero de 2014
Merendola para celebrar todalas nosas lecturas
Voltamos aos bos costumes, para celebrar que nos gusta ler e claramente que nos gusta comer pastelón, retomamos as merendolas. Entre libros e pasteis afrontamos o que queda de curso
miércoles, 15 de enero de 2014
CANDO TIÑAMOS A VOSA IDADE: Clara e Roald Dalh
Cando eu tiña a vosa idade estaba namorada da obra dun escritor: Roald Dahl.
De entre todos os seus libros gustaríame recomendarvos dous por ser
menos coñecidos que outros pero non por iso menos interesantes: Boy e
Voando só.
Trátase de dúas autobiografías do escritor, o primeiro da súa infancia e o segundo da época na que foi piloto de aviación durante a guerra. A súa forma de contar as anécdotas e historias que lle pasaron é divertida, fresca, sorprendente. Se vos animades a lelos estou segura de que quedaredes enganchados e teredes ganas de vivir moitas aventuras...
Clara.
De Boy di esto a Wikipedia: O autor fai fincapé nas primeiras páxinas que o obxetivo deste libro simplemente é ofrecer aolector unha serie de aventuras e sucesos que lle ocurriron ao longo da súa vida, dende que naceu ata ser unha persoa adulta, e que logo
lle servirían para inspirarse nas numerosas novelas que escriveu..Esto non é unha autobiografia, é o relato dunhas cuantas cousas que lle sucederon a Roald Dahl durante a sua estancia na escola e despois
de sair dela. Algunhas divertidas. Outras tristes. Todas son verdade.E
algunhas delas inspirarono para contar fantàsticas, divertidas e
terribles aventuras nos seus libros.
Voando só éche unha autobiografía de Roald Dahl que se publicou arredor
de 1986. É a continuación do seu primero volumen autobiográfico, Boy:
Tales of Childhood.
Neste libro Dahl conta que vai traballar para Shell (unha compañía petrolífera) e pasa algún tempo
escribindo en Tazaña (aprendiendo swahili e tambén sobre as
serpentes venenosas). Eventualmente unese ás forzas armadas como
piloto da Forza Aérea Real, voando o Tiger Moth, Gloster
Gladiator, y Hawker Hurricane. Foi un dos últimos pilotos de
retirarse de Grecia na época da invasión Alemana. Despois de que Grecia
caera ante os nazis, Dahl vaise ao Medio Oriente para combatir aos
pilotos"Vichy French" logo de quedar brevemente en Alexandría,
Egipto.
martes, 14 de enero de 2014
LIN E GUSTOUME: IAGO PAREDES DE 3º DE ESO RECOMENDA "DONDE LOS ARBOLES CANTAN" DE LAURA GALLEGO.
Empezamos o ano cunha recomendación lectora, a Iago gustoulle o libro de Laura Gallego e recomenda a súa lectura. A verdade é que parece que o rapaz ten bo gusto, o libro ten un ha pinta estupenda, é de xénero fantástico e incluso ten a sua propia entrada na wikipedia , ahí é nada. A historia é moi interesante, asi a resume a propia autora:
"Viana, a única filla do duque de Rocagrís, está prometida a Robian de Castelmar dende que ambos eran nenos. Os dous estan namorados e vanse casar en primavera. Pero, nos festejos do solsticio de inverno, advirten ao rei de Nortia e aos seus cabaleiros da amenaza dos bárbaros das estepas... e tanto Robian como o duque teñen que marchar á guerra. Na espera do seu namorado, unha doncela como Viana non pode facer outra cousa que esperar ó seu regreso... e, tal vez, prestar atención ás lendas que se contan sobre o Gran Bosque... o lugar onde os árbores cantan".
Este libro tivo un proceso de creación moi tecnolóxico, a autora, dende o seu twiter preguntaballe aos seguidores como continuar ou facía votacións para decidir o nome dos protagonistas...ela mesma volo conta dende a súa páxina web.
Espero que vos animedes a lelo, a pinta é estupenda e seguramente compraremos varios exemplares para a biblioteca.
Feliz ano a todos e que o 2014 sexa un ano de boas lecturas para todos.

lunes, 9 de diciembre de 2013
O Rei dos clubs de Lectura galegos é.....
O Rei dos clubs de Lectura galegos é.... AGUSTIN FERNANDEZ PAZ
Segundo Praza Pública Agustín Fernandez Paz é o autor máis leido nos CLubs de Lectura dos Colexios e Institutos galegos ¿Que vos parece? ¿Gustavos?... a verdade é que a nos tamén nos encanta...somos coma todos os demais , jejeje.
Deixovos aqui un corta-pega do artigo que podedes ler directamente no enlace de Praza Pública.

Nos centros de ensino secundario de Galicia funcionan 222 clubes de lectura,
unha estupenda maneira de fomentar a paixón pola literatura entre os e
as adolescentes, que decote teñen a oportunidade de coñecer persoalmente
a algúns dos e das autoras escollidas. O blog Ler en Mancomún,
un espazo creado polas bibliotecas escolares galegas, vén de publicar a
listaxe cos autores e obras máis lidas nestes cluber ao longo do curso
2012-2013.
A lista de autores e autoras está encabezada por Agustín Fernández Paz, escollido por 66 dos clubes, seguindo a bastante distancia por Jordi Serra i Fabra (33), Laura Gallego (26), Miguelanxo Prado (22), Fran Alonso (20), Xabier Docampo (20), Marcos Calveiro (18), César Mallorquí (18), Carlos Ruíz Zafón (17), John Boyne (17), Roald Dahl (16) e Paco Roca (16).
Os libros máis lidos, con todo, foron O curioso incidente do can á medianoite (Rinoceronte), de Mark Haddon, e Engurras (El Patito Editorial), de Paco Roca, elixidos por 16 dos centros. Detrás deles aparecen O neno co pixama a raias (Faktoría K), de John Boyne; O Principiño (Galaxia), de Antoine de Saint-Exupéry; e Persépole (Rinoceronre), de Marjane Satrapi. Escollido por bastantes clubes atopamos tamén das Cartas de Inverno de Fernández Paz, Palabras de auga de Marcos Calveiro, Cando petan na porta pola noite, de Xabier Docampo, ou Resistencia, de Rosa Aneiros.
No total de títulos e autores, o galego é a lingua máis frecuente nas obras escollidas polos clubes de lectura, cun total de 1.113 lecturas, por diante do castelán (700) e cunha certa presenza do inglés (46), francés (19), italiano (15), portugués (9) e alemán (3).

lunes, 2 de diciembre de 2013
25 DE NOVEMBRO La bella y la bestia
A verdade é que eu a única Bella y Bestia que coñecía era o conto tradicional e a versión Disney, e fíxome pensar no papel que as mulleres teñen nos contos tradicionais, non vos quero influenciar, pero eso de esperar (durmida, sentada etc..) ao príncipe, sexa azul ou non, non é unha actitude moi do século XXI, propicia a dependencia económica e dificulta a posibilidade de ter saída no caso de malos tratos...asi que xa sabedes, princesas e príncipes de Sansa...sede independentes e teredes máis posibilidades que vos traten ben, ou de irvos si vos tratan mal
Suscribirse a:
Entradas (Atom)