jueves, 4 de diciembre de 2014

Lendo en Galego: O Gran Reino

 
 
 
O Gran Reino, acadou o premio Jules Verne de literatura xuvenil, na última convocatoria.
O autor Eduardo Santiago xa contaba con obra publicada, 2044 na colección Costa Oeste e A teoría do tempo imaxinario en Urco.
Dicía o autor «Cando me comunicaron o fallo foi como unha liberación, a confirmación de que O Gran Reino é unha historia que paga a pena ser publicada, merecente ademais dun premio no que máis da metade do xurado está composto por mozas de menos de dezaoito anos.»
«Escribín O Gran Reino como unha reacción ao gran “boom” das novelas xuvenís de mundos paralelos dos primeiros anos deste século XXI. A idea deuma a miña filla Raquel, unha auténtica fonte de inspiración para min, que tamén estaba farta de ler sempre a mesma historia con distintos personaxes. Ocorréuseme que había un certo paralelismo co que acontecera a finais do século XVI coas novelas de cabalerías. E se daquela un famoso escritor colleu a pluma para novelar maxistralmente aquel sen sentido, por que non ía poder facer eu algo semellante, salvando as distancias, no século XXI? O Gran Reino é unha ficción na que se narran acontecementos reais, durísimos, mesturados con fantasías marabillosas, que farían as delicias de autores como Lewis Carrol.» 
Agora, xa publicada, é o momento de que os lectores e lectoras entren nese Gran Reino, que naveguen na autoestrada das diferentes dimensións, que paseen a súa imaxinación polos diferentes reinos ou polos psiquiátricos e nos digan as súas impresións. E sen esquecer as matemáticas, que van aparecendo detrás das portas ou os enigmas. Ollo!
Un reino que pode ou non ter relación con aquel ao que se refería Celso Emilio Ferreiro en Longa noite de pedra e que aparece recollido no dintel da obra:
"¿Cando
cando se perdeu,
iste gran Reino?"

miércoles, 19 de noviembre de 2014

Os libros máis leidos nos clubs de lectura de Galicia.

Como o ano pasado, Agustín Fernández Paz, volve a ser o Rei dos Clubs de Lectura galegos...nos estamos na media, e satisfácenos comprobar que ao fin e ao cabo todos lemos máis o menos o mesmo...

Podedes ler a lista deste ano neste ENLACE

martes, 11 de noviembre de 2014

Os famosos tamén len: En Hollywood teñen bo gusto





Parece ser que os actores de Hollywood son persoas coma nos, cós seus gustos e preferencias, pero moitos deles resultaron ser grandes lectores e debo recoñecer que moitos deles cun gusto exquisito, nunca pensei que coincidiría en nada con Kiera Knightley ( 'Orgullo y Prejuicio', Jane Austen), Tom Hanks ( 'A sangre fría', Truman Capote) ou Catherine Zeta-Jones:('El Gran Gatsby', F. Scott Fitzgerald), en fin deixovos o enlace e así poderedes comprobar con que gustos literarios das estrelas coincidides

LIBROS FAVORITOS DAS ESTRELAS



lunes, 10 de noviembre de 2014

Os famosos tamén len: Os trinta libros favoritos de Bruce Springsteen




  Parece que o Boss ten un gusto excepcional p'ara a lectura...leede o seguinte artigo, no que co galo da próxima publiciación dun relato seu inédito, O boss nos explica os libros que lle tocaron, lle chamaron máis a atención e o encandilaron. Calquera deles merece que vos decidades a lelo.Aquí tedes o enlace:

Os trinta libros favoritos de Bruce Springsteen





jueves, 13 de febrero de 2014

Unha historia de amor para San Valentín: Emma de Jane Austen (Marta)



Pensando nunha historia de amor para o día de San Valentín lembrei como, a vosa idade, impresionoume  Emma cando a lin. A historia desta "señorita" aburrida, con moi boas intencións, que cre que pode emparellar a todos os solteiros do pobo que ten ao seu redor, encantoume. Cando as historias lle saen ao revés e ela dase conta que o está liando todo a cousa xa non ten remedio, ela está namorada.

Gustame moito porque a protagonista é totalmente imperfecta, unha rapaza moi ociosa, caprichosa e bastante mimada pero con moitas ganas de facer felices aos que están ao seu redor, que malinterpreta constantemente os sintomas do amor levando aos seus amigos e a ela mesma a situacións moi confusas e que de repente se atopa có amor sen esperalo.

E un libro atípico de Jean Austen, Emma quere ser unha heroína romántica pero mete a pata constantemente, lle falta sentidiño e lle sobra entusiasmo, pero en moitos pasaxes non se pode evitar sorrir, e ao final a historia de amor máis interesante é a súa, ela, que non quería namorarse.

Leedelo, é un libro interesante e divertido, que denuncia o cotilleo dos pobos e as malas interpretacions en cuestións de amor e no que ao final se demostra que o sentidiño é o mellor conselleiro que unha rapaza pode ter. Aprenderedes tamén que na Inglaterra de fai douscentos anos as cousas tampouco eran tan diferentes coma agora, ainda que non tiveran nin washap ni facebook.

domingo, 9 de febrero de 2014

CANDO TIÑAMOS A VOSA IDADE: EL ALQUIMISTA DE PAULO COELLO (GUILLÍN)

Esta recomendación que agora vos fago é un pouco inconsistente. Explícome...
Se me preguntades de que vai o libro non vos saberei responder. É curioso, lino hai bastante tempo, uns 14 anos, e foi un regalo dun amigo despois dunha situación persoal algo complicada...¿E por qué o recomendo logo? pois porque aínda que non lembre os detalles da historia (un rapaz andaluz, un pastor, deixa todo e vaga polo deserto perseguindo un sono...) o que si lembro perfectamente é a sensación que me deixou, a reacción que provocou aló dentro de min, moi adentro, lembro case as cores dos sonos que naceron da súa lectura...é difícil de explicar. É un libro que marca, sobre todo se es unha persoa con facilidade para deixarte levar a outros mundos, deixar voar a imaxinación e converterte en algo diferente. Por iso penso que é un libro especialmente indicado para un rapaz da vosa idade, na que todo se vive intensamente, todo é dramático, urxente, decisivo, único...Lembro o entusiasmo que me provocou, ese medio sorriso poñéndome na pel do protagonista, e rematei por crer que todo se pode conseguir, por moi imposible que pareza. Só hai que ser constante e crer, crer, crer...ao rematar de lelo estiven dúas semanas vagando como un tonto, algo desconectado desta realidade. Despois vas descendendo pouco a pouco...e volves a ser o de antes...ou non; porque nunca sabes ata que punto deixaches atrás o que eras e te transformaches no que es, ao ler o libro.
Facédeme caso, lédeo, e xa me contaredes...




miércoles, 22 de enero de 2014

Merendola para celebrar todalas nosas lecturas




Voltamos aos bos costumes, para celebrar que nos gusta ler e claramente que nos gusta comer pastelón, retomamos as merendolas. Entre libros e pasteis afrontamos o que queda de curso