lunes, 9 de diciembre de 2013

O Rei dos clubs de Lectura galegos é.....

O Rei dos clubs de Lectura galegos é.... AGUSTIN FERNANDEZ PAZ

Segundo Praza Pública Agustín Fernandez Paz é o autor máis leido nos CLubs de Lectura dos Colexios e Institutos galegos ¿Que vos parece? ¿Gustavos?... a verdade é que a nos tamén nos encanta...somos coma todos os demais , jejeje.

 Deixovos aqui un corta-pega do artigo que podedes ler directamente no enlace de Praza Pública.


Nos centros de ensino secundario de Galicia funcionan 222 clubes de lectura, unha estupenda maneira de fomentar a paixón pola literatura entre os e as adolescentes, que decote teñen a oportunidade de coñecer persoalmente a algúns dos e das autoras escollidas. O blog Ler en Mancomún, un espazo creado polas bibliotecas escolares galegas, vén de publicar a listaxe cos autores e obras máis lidas nestes cluber ao longo do curso 2012-2013.
A lista de autores e autoras está encabezada por Agustín Fernández Paz, escollido por 66 dos clubes, seguindo a bastante distancia por Jordi Serra i Fabra (33), Laura Gallego (26), Miguelanxo Prado (22), Fran Alonso (20), Xabier Docampo (20), Marcos Calveiro (18), César Mallorquí (18), Carlos Ruíz Zafón (17), John Boyne (17), Roald Dahl (16) e Paco Roca (16).
Os libros máis lidos, con todo, foron O curioso incidente do can á medianoite (Rinoceronte), de Mark Haddon, e Engurras (El Patito Editorial), de Paco Roca, elixidos por 16 dos centros. Detrás deles aparecen O neno co pixama a raias (Faktoría K), de John Boyne; O Principiño (Galaxia), de Antoine de Saint-Exupéry; e Persépole (Rinoceronre), de Marjane Satrapi. Escollido por bastantes clubes atopamos tamén das Cartas de Inverno de Fernández Paz, Palabras de auga de Marcos Calveiro, Cando petan na porta pola noite, de Xabier Docampo, ou Resistencia, de Rosa Aneiros.
No total de títulos e autores, o galego é a lingua máis frecuente nas obras escollidas polos clubes de lectura, cun total de 1.113 lecturas, por diante do castelán (700) e cunha certa presenza do inglés (46), francés (19), italiano (15), portugués (9) e alemán (3).

lunes, 2 de diciembre de 2013

25 DE NOVEMBRO La bella y la bestia


O outro día en clase falando da conmemoración do Dia internacional pola eliminación da violencia de Xénero os alumnos recomendáronme La Bella y la Bestia, de Porta unha canción que non coñecía, pero que eles sabíanse de memoria:



 A verdade é que eu a única Bella y Bestia que coñecía era o conto tradicional e a versión Disney, e fíxome pensar no papel que as mulleres teñen nos contos tradicionais, non vos quero influenciar, pero eso de esperar (durmida, sentada etc..) ao príncipe, sexa azul ou non, non é unha actitude moi do século XXI, propicia a dependencia económica e dificulta a posibilidade de ter saída no caso de malos tratos...asi que xa sabedes, princesas e príncipes de Sansa...sede independentes e teredes máis posibilidades que vos traten ben, ou de irvos si vos tratan mal

lunes, 28 de octubre de 2013

ESTE ANO USAREMOS LECTORES DIXITAIS


Ola a todos:

Como vedes este ano vamos a iniciar a aventura de ler cós lectores dixitais que mercamos o ano pasado, xa hay un grupo lendo con eles e de seguro contarán aquí a súa experiencia. tamén sabemos que varios dos profesores e algúns alumnos xa tedes un na casa, asi que entre todos vamos a intertar afacernos a este novo soporte. Lembra sen embargo que o libro de papel ten un nosequé (o tacto, olor, texturas, que é de material orgánico...non sei) que o fai insustituible, pero é importante que vaiamos cós tempos e alternemos entre medios dixitais e tradicionais en papel.

Outra cousiña, os e-books ou lectores dixitais non danan a vista, teñen o que eles chaman tinta dixital, pero hay applicacións moi interesantes e gratuitas para convertir as tablets en lectores dixitais


Aquí vos deixo páxinas de sitios para descargar libros gratis ou pagando de forma legal,  outros enlaces como este ou este ou mesmo a OCU (Organización de Consumidores e Usuarios) recomenda máis direccións (nalgunhas teredes que rexistraros, usade un correo deses pouco importantes, porque as veces mandan moito spam).

miércoles, 23 de octubre de 2013

Empezamos o novo curso

 Outro ano de diversión  lendo.....
Xa estamos organizados en grupos, xa eleximos os primeiros libros para ler, mesmo algún xa rematou, nunha tarde o que lle correspondía :) e pronto empezaremos a comentarvos como nos vai...

Este ano continuaremoss coas seccións que xa están en marcha: 

- Cando tiñamos a vosa idade
- Lin e gustoume
- Recomendacións lectoras
- Merendolas

e inauguraremos novas seccións que nos pidades.



Lembrarvos que podedes seguirnos a través de  facebook: https://www.facebook.com/sansa.liber

Para rematar un aviso da Biblioteca Municipal que gustou especialmente..
 
LIBROS GRATIS.
MAIS DE 200 NOVELAS XUVENÍS DE TODOS OS XÉNEROS NA SEGUINTE LIGAZÓN...
http://onlinelibrosgratis.blogspot.com/search/label/Juvenil

E TEDES TAMÉN A POSIBILIDADE DE VISITAR A NOSA BIBLIOTECA MUNICIPAL, PORQUE SEGURO QUE VOS INTERESAN MOITOS DOS NOSOS LIBROS. PALABRA DE BIBLIOTECARIA...

miércoles, 19 de junio de 2013

A MERENDOLA DE FIN DE CURSO ¡¡¡¡

A semana pasada, entre exames e cos nervios a flor de pel celbramos a merendola de fin de curso do Club de lectura..















Non sei como o pasaron, o que vos podo decir é que entre diplomas e algún comentario sobre libros, basicamente se dedicaron a comer...está claro que a lectura entra mellos có chocolate jejeje


Feliz veran chicos, vémonos o curso que ven, lendo e disfrutando do que lemos...

jueves, 21 de marzo de 2013

Cristian Campos (4º) recoméndanos ler: Os lobos de Moeche


   
Argumento:
Este e un libro que nos conta unha historia de Moeche, nas revoltas irmandiñas.
Contanos a historia dunha familis que era explotada polo señor dono das terras,de como os homes do señor mataron a nai de familia,a causa disto o seu fillo menor queda so e o seu irman maior decide levalo con el a Betanzos para isto venden os animais e queiman a casa familiar.Cando chegan a Betanzos o irman menor dase conta de que estan montando unha revolta e,revelanse contra os señores. Botan dous anos botandos dos castelos pola forza ou pacificamente, de ali a dous anos os nobres volven e acaban coa revolta,persiguen aos irmans que se teñen que ir a Francia,pero polo camiño atopanos e o maior morre,e o outro dase conta de que xa non ten familia.
Valoración:
Este e un libro que nos conta a historia das revoltas irmandiñas en Moeche. E un libro moi interesante e moi facil de ler debido a que e un comic.,gustoume porque conta moi ben como ocorreu todo.
Cristian Campos Dopico.