miércoles, 15 de enero de 2014

CANDO TIÑAMOS A VOSA IDADE: Clara e Roald Dalh



Cando eu tiña a vosa idade estaba namorada da obra dun escritor: Roald Dahl.
De entre todos os seus libros gustaríame recomendarvos dous por ser menos coñecidos que outros pero non por iso menos interesantes: Boy e Voando só.

Trátase de dúas autobiografías do escritor, o primeiro da súa infancia e o segundo da época na que foi piloto de aviación durante a guerra. A súa forma de contar as anécdotas e historias que lle pasaron é divertida, fresca, sorprendente. Se vos animades a lelos estou segura de que quedaredes enganchados e teredes ganas de vivir moitas aventuras...


Clara.

 De Boy di esto a Wikipedia: O autor fai fincapé nas primeiras páxinas que o obxetivo deste libro simplemente é ofrecer aolector unha serie de aventuras e sucesos que lle ocurriron ao longo da súa vida, dende que naceu ata ser unha persoa adulta, e que logo lle servirían para inspirarse nas numerosas novelas que  escriveu..Esto non é unha autobiografia, é o relato dunhas cuantas cousas que lle sucederon a Roald Dahl durante a sua estancia na escola e despois de sair dela. Algunhas divertidas. Outras tristes. Todas son verdade.E algunhas delas inspirarono para contar fantàsticas, divertidas e terribles aventuras nos seus libros.



  Voando só éche unha autobiografía de Roald Dahl que se publicou arredor de 1986. É a continuación do seu primero volumen autobiográfico, Boy: Tales of Childhood.
Neste libro Dahl conta que vai traballar para Shell (unha compañía petrolífera) e pasa algún tempo escribindo en Tazaña (aprendiendo swahili e tambén sobre as serpentes venenosas). Eventualmente  unese ás forzas armadas como piloto da Forza Aérea Real, voando o Tiger Moth, Gloster Gladiator, y Hawker Hurricane. Foi un dos últimos pilotos de retirarse de Grecia  na época da invasión Alemana. Despois de que Grecia caera ante os nazis, Dahl vaise ao Medio Oriente para combatir aos pilotos"Vichy French" logo de quedar brevemente en Alexandría, Egipto.

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario